Que deberías mercar para un temporal

Moitas veces cando pensamos en acondicionar a casa antes estes fenómenos atmosféricos pensamos en grandes cantidades de cartos, pero o certo é que podemos facelo a prezos económicos.

Illa o teu fogar para evitar filtracións de auga

É aconsellable selar os marcos de portas e xanelas cunha escuma autoadhesiva ou tiras de goma para evitar a entrada de auga e correntes de aire. As tiras de goma son máis resistentes e duradeiras, polo que é máis recomendable utilizar este tipo para fortes temporais. En Cire podemos asesorarte e darche as mellores opcións para que estas pequenas filtracións non vaian estragando a infraestrutura da túa casa.

Protexe chans e chemineas

As casas con tarima flotante poden sufrir pequenas filtracións ente o zócalo e o chan. Por iso, resulta de gran utilidade un selador de silicona, látex ou caucho sintético para encher os ocos. En Cire dispoñemos dunha gama diversa de tipos e prezos para que poidas preservar a túa tarima dun xeito económico.

Mantén limpos canalóns e baixantes

Durante unha cicloxénese, polos canlóns e as baixantes discorre gran cantidade de auga. Por iso, para eliminar o risco de que queden obstruidas e poidan xerar humidades, é recomendable mantelas limpas nesta estación do ano. Se precisas un elevador para facer esta tarefa podes consultar na nosa web as opcións en alquiler.

Busca opcións alternativas de luz e electricidade

Isto é moi importante, sobre todo se o teu medio de vida depende disto. Se tes unha granxa, recomendámosche que te fagas canto antes cun dos 4 grupos electróxenos que nos quedan dos seis que pedimos fóra de Galicia, pois aquí hai problemas de abastecemento. Por outra banda en Cire dispoñemos de fontes de luz alternativas para estes casos como, por exemplo, luces para poder levar na cabeza. Cómodas e prácticas.

ELECTROXENO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

*