Magreco 2017: unha cuestión de estilo

Boimorto acolle a fin de semana do 25 e 26 de marzo Magreco, a feira de maquinaria agrícola, produtos ecolóxicos e artesáns. As e os visitantes poderán camiñar pola zona do polideportivo e o campo do Rosario para ver as exposicións, a subasta de novillas, escultura con motoserras, degustacións, actividades para nenas e nenos, charlas formativas e venda de produtos.

Cire fará unha demostración de fendido de leña e dispoñerá dunha carpa de Anova, xa que somos a representación da marca na zona. Igualmente, faremos un avance do material do que dispoñeremos na nosa nova tenda. Nos vindeiros días irémosvos ensinando máis cousas da nosa presenza nesta feira. Anota o 25 e 26 de marzo na túa axenda e ven a Magreco!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

*