Si, si, non mires para outro lado. Cantas veces pegaches silicona nova sobre silicona vella? Cantas veces o fixeches sen luvas? Sabes que hai siliconas acedas e neutras? Aquí contámoscho todo.
Os selladores de silicona unen, illan e enchen, evitando filtracións de auga, humidade e aire. Ofrecen gran elasticidade e teñen excelente resistencia á intemperie, aguantando temperaturas desde -50º C ata 150º C. O seu uso específico é o selado de xuntas, pero as calidades adherentes da silicona permiten tamén fixar accesorios como colgadores de panos e soportes para a ducha.
Para a bricolaxe debes usar siliconas acedas, para a construcción neutras
Existen dous tipos de siliconas: acedas (ph4) e neutras (ph7). As siliconas acedas son máis comúns na bricolaxe, e as neutras na construción. Aínda que ambas teñen gran polivalencia, debemos escoller sempre a máis adecuada ao uso que lle destinemos, sexa en carpintería, baños, cociñas, mármore, espellos, bridas, acuarios, acristalamientos, biombos ou mesmo áreas sometidas a intensas temperaturas.
Vivan as cores!
A silicona non se pode pintar, por iso o mercado ofrece unha ampla gama de cores, sendo os máis populares o branco e translúcido. Tamén podemos conseguir silicona negra, marrón, gris, aluminio, bronce, vermello, ladrillo, verde e azul, coas que selaremos perfectamente calquera material de maneira discreta e armoniosa.
En Cire atoparás silicona en dous formatos: cartuchos con cánula, de aplicación con pistola, e tubo para aplicacións de uso doméstico. Destacamos tamén os envases fáciles que non requiren pistola.
A silicona non se pode pintar, por iso tes unha ampla gama de cores, onde os máis populares son o branco e o translúcido
Aprende a cambiar a silicona vella (e non facer un estropicio)
A silicona pega moi mal sobre silicona vella. Por iso, se fixemos unha aplicación errada, ou desexamos substituír unha silicona vella para un novo selado, debemos usar un produto eliminador que facilite a súa retirada que podedes atopar en Cire. Tamén existen rasquetas especialmente deseñadas para esa función.
Consellos prácticos
Ao manexar silicona, aínda que non é obrigatorio, é recomendable usar luvas, e en Cire temos unha ampla gama para escoller, e cando iso non sexa factible eliminaremos as manchas na pel cun deterxente industrial, non con disolvente. Doutra banda, ao aplicar estes produtos é aconsellable que a zona de traballo estea ben ventilada. Tamén debemos asegurarnos de que as superficies estean limpas e secas, porque o curado da silicona non se produce en superficies húmidas. Unha vez aplicada, e para lograr un acabado uniforme, alisa a silicona co dedo mollado en auga con xabón ou ben usando unha pequena espátula.
Cando terminases de facer a aplicación, usa a cánula clip con tapón para evitar que se seque o cartucho. Se non contases con tapón, deixa a cánula posta e chea ata arriba, así só se secará o produto da cánula, que será substituído por unha nova na seguinte aplicación.
Non debes pegar silicona nova sobre silicona vella, debes usar un produto para eliminar a antiga