- Outro labor habitual é taladrar azulexos. Para evitar que a broca escorregue, fai unha marca previa con punzón e martelo ou raia a superficie cunha punta. A cerámica é moi dura, activa o percutor.
- O truco para taladrar metais é poñer a máquina funcionando a baixa velocidade, quedarás asombrado ao ver o rápido que avanzas.
- Para buracos de bo diámetro en madeira, escaiola e outros materiais, utiliza unha broca de pala.
- Se ves que a tarefa se fai ardua con broca nova e todo, fai un buraco previo de menor diámetro. É moito máis sinxelo agrandar un buraco do 3 coa broca do 6 que facelo directamente coa broca do número 6.
- Se fas moitos buracos en madeira, metal, PVC e outros materiais sobre o banco de traballo, merca unha columna para montar o taladro. Gañarás tempo e precisión.
E naturalmente, sempre é aconsellable levar lentes de seguridade cando usamos o taladro, especialmente en azulexos e formigón. En Cire tamén temos unha ampla oferta deste produto.
E, por suposto, se precisas un novo taladro, en Cire temos as mellores marcas ás mellores prezos.