10 cancións para facer bricolaxe

Ás veces facer bricolaxe pode ter un punto tedioso, por iso te animamos a que o fagas con estas 10 cancións que che recomendamos para que te concentres e traballes movendo un pouco a cadeira e a cabeza ao son da música

1.Lou Reed: Walk on the Wild Side


Os clásicos nunca morren, nada mellor que Lou Reed para pintar unha habitación e, como di a canción, darte unha volta polo lado salvaxe.

2. Nirvana: Smells Like Teen Spirit


Kurt Cobain cantaba aquilo de que “with the ligths out it´s less dangerous” (coas luces apagadas é menos perigoso), ou sexa que ideal para cando teñas que baixar o machete para amañar calquera avería.

3.Queen: We will rock you


Buddy, you’re a boy, make a big noise: tío, es un mozo facendo moito ruído, cantaba Freddie Mercury, nada mellor que esta canción para martillear ao ritmo da súa música.

4.Heredeiros da Crus: Pero que ghallo é!


Todo un himno xeracional para os que viamos de cativos o Xabarín Club. Perfecta para escoitar nos cascos para calquera traballo que fagades na horta ou na eira. Churras, churras, churras…!!

5. O Caimán do Río Tea: Estou na lavadora


Outro himno da Xeración Xabarín e do rock bravú. Perfecta para cando vos poñades a amañar a lavadora ou calquera outro electrodoméstico

6. Oliver y Benji


Ideal para todos os futboleiros que precisan unha dose de concentración… porque para facer esas pequenas cousas da decoración do fogar hai que ser un verdadeiro mago?

7. Bon Jovi: It´s my life


Estamos seguros de que esta canción a escribiu Bon Jovi un día que estaba preguiceiro e non quería facer o que lle mandaban. Por iso canta iso de it´s now or never (agora ou nunca). Esta canción é perfecta para cando teñas poucas ganas de amañar ese enchufe ou ese cadro que torceu, pero sabes que non queda outra.

8. Doraemon


Cando esteas facendo bricolaxe e che falten ferramentas pensa neste temazo da TVG e recorda que en Cire somos o teu peto máxico: temos todo o que precises.

9. Aerosmith: Dude (looks like a lady)


Se de verdade queres sentirte sexy facendo as túas chapuzas, este é O TEMA. Non o dubides! Non te aburrirás!!!!

10. A Bela e a Bestia


Se estás facendo algo artesanal para agasallar o ideal é que te motives con este tema de Disney, que nunca pasan de moda!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

*